Xuño 2011
Xuño é o sexto mes do calendario gregoriano e ten trinta días. O 21 de xuño ten lugar o solsticio de verán no hemisferio norte e comeza o verán. Esa noite é a máis curta do ano.
Florecen moitas plantas como os castiñeiros, as silveiras, as roseiras silvestres... Comezan a medrar as uvas nas vides e maduran algúns froitos.
Aparecen moitas bolboretas, cabalos do demo e outros insectos, nacen as rulas e moitos paxaros xa teñen as crías grandes.
Nos campo hai moita actividade: sulfátanse as vides, límpanse de herbas os cultivos, cávase o millo, páñanse patacas do cedo, os tomates, as xudías, os chícharos, os amorodos...
A noite de San Xoán fanse fogueiras e xúntase a xente para facer festas.
Houbo un eclipse de Lúa, desde as 22:15 do día 15 de xuño ata a 1 da mañán do 16. Aquí non puidemos velos por estar o ceo cuberto.