Xornadas de Tecnoloxía
7 Abril 2011
O venres 6 e sábado 7 de maio celebraranse no IES Francisco Asorey de Cambados as XI Xornadas de Tecnoloxía de Galicia.
O venres pola mañán os asistentes visitarán empresas da zona e xa pola tarde, abriranse as xornadas coa conferencia inagural que este ano leva por tema "Obradoiros na escola de telecomunicacións para o alumnado de bacharelato", impartida por Raúl Fernando Rodríguez Rubio (Subdirector de Relacións Externas da Escola de Telecomunicación e Profesor Titular de Universidade, Depart. de Enxeñería Telemática). Despois da conferencia, darán comenzo os obradoiros continuando con eles o sábado pola mañán e pola tarde.
A clausura das xornadas está prevista para as 20:30h do sábado 7 de maio.