Xogando con trens

2 Novembro 2011
trens

Dous irmáns xemelgos alemáns  Federico e Gerrit Braun montaron unha gran maqueta con trens en movemento. É a maqueta máis grande do mundo deste estilo na que se empregaron miles de kilogramos de aceiro e madeira. En total, o conxunto custou 500.000 horas de traballo e máis de 8 millóns de euros, que esperan ir cubrindo en parte coa venda de entradas.

A maqueta cobre 1.150 m2, con case 10 km de pista (aínda sen completar). Ten 700 trens con máis de 10.000 vagóns. O tren máis longo mide 1,5 m. A paisaxe inclúe 900 sinais, 2.800 edificios, 4.000 coches, moitos deles cos faros acesos, e 160.000 figuras deseñadas de forma individual. As 250.000 luces están controladas por un sistema que imita a noite e o día de forma automática, ao acender e apagar. Todo o sistema está controlado desde un centro de alta tecnoloxía. Comezaron a traballar no seu proxecto no ano 2000 e espérase que esté rematado en 2014, cunha superficie de 1.800 m2 e13 km de vías.

O ambiente representa zonas dos Estados Unidos (Montañas Rochosas, Everglades, MonteRushmore, Grand-Canyon...), Suíza (Matterhorn), Escandinavia (fiordo con barco), Alemania e Austria. Falta por engadir Francia, Italia e Reino Unido.

Neste vídeo de 4 minutos, podes ver a montaxe en movemento.

 http://www.miniatur-wunderland.com/exhibit/video/4-minutes-wunderland/