Xeoloxía espectacular. Montañas pintadas

14 Febreiro 2014
Zangye

As montañas de cores ou montañas pintadas son formacións rochosas nas que as capas sucesivas de distintos materiais co paso do tempo vanse erosionando e formando bandas de cores que semellan unha pintura.

Estes fenómenos foron formándose durante moitos millóns de anos a medida que os materiais procedentes da erosión da auga, do vento ou de erupcións volcánicas se van depositando, compactando e alteranto e sofren o levantamento ou presión que os ondula ou creba.

En moitas partes do mundo podemos atopar montañas de cores, pero quizais as máis espextaculares sexan as do Parque Xeolóxico Zhangye Danxia (Gansu-China).

Achegamos dúas presentacións para que gocedes coa súa visión.