Xeoloxía espectacular. Fly Geyser

18 Febreiro 2014
Fly Geyser

É un manancial xeotérmico de orixe artificial coñecido tamén como Fly Ranch Geyser, que destaca polas curiosas cores dos conos que rodean a saída da auga.

Está situado no condado de Washoe (Nevada-Estados Unidos), a 32 km de Gerlach, nun rancho privado.

Foi creado accidentalmente en 1964 ao perforar pozos para aproveitar a enerxía xeotérmica. A acumulación de minerais na boca do xéiser fixo que se formasen varios conos e terrazas. As cores tan chamativas son ocasionadas pola combinación dos minerais e as algas que viven nas augas termais.