Xeoloxía espectacular: Catedrais de Mármore

Lago General Carrera
14 Febreiro 2014
Catedral Mármore

A Catedral, a Capela e a Caverna de Mármore  son unhas curiosas formacións calcárias situadas nuns pequenos illotes achegados á costa no Lago General Carrera.

A erosión das augas do lago nas rochas das beira, formadas por carbonato cálcico, creou curiosas covas de paredes lisas con bandas de cores nas que os arcos e columnas forman ocos con aspecto de capelas. Cando o nivel das augas está baixo pódense percorrer en pequenas embarcacións desde a localidade de Puerto Río Tranquilo (Aisén-Chile).

O Lago General Carrera ou Lago de Buenos Aires está situado na Patagonia, compartido entre Chile e Arxentina. É un lago de orixe glaciar, cunha profundidade máxima de 590 m, rodeado pola cordilleira dos Andes que desauga no océano Pacífico a través do río Baker.