Xeoloxía espectacular: A Capadocia

19 Abril 2014
Capadocia

A Capadocia é unha rexión de Turquía que destaca polas curiosas formacións naturais en toba calcaria e polo aproveitamento delas como vivendas que fixeron os seus habitantes desde tempos antigos.

O terreo está formado por toba calcária, una rocha sedimentaria branda que se foi erosionando ao longo de millóns de anos dando lugar a curiosas formacións.

Hai 60 millóns de anos formáronse as montañas Tauro en Antolia meridional, á vez que se formou a Cordilleira Alpina en Europa. A formación das montañas Tauro provocou numerosas depresións e barrancos. Hai 10 millóns de anos estas depresións enchéronse de magma e outros elementos volcánicos. Coa erosión as depresións foron desaparecendo e a rexión converteuse nun altiplán. Sen embargo, o mineral que encheu as depresións no era resistente e o vento, chuvia, ríos e os diferentes cambios de temperatura erosionaron e esculpiron numerosos valles e curiosas formas que lle dan a toda a zona un aspecto característico .

Desde hai miles de anos houbo asentamentos humanos na rexión. Algunhas civilizacións antigas floreceron aquí, como a hitita, e outras viñeron de Europa ou de outras rexións de Asia Menor. Todas deixaron a súa marca cultural na Capadocia. Así, as paisaxes lunares están cheas de covas naturais e artificiais, moitas das cales están deshabitadas. Os habitantes construíron refuxios subterráneos, chegando a ter nalgúns casos nove niveis.  

Na actualidade é un dos lugares máis visitados de Turquía.