Volver a sentir

3 Decembro 2014
Tacto

A  biotecnoloxía  avanzou moito nos últimos tempos, un exemplo claro ofréceno os avances que acaban de proporcionar dous equipos de investigadores das universidades de Suecia e Estados Unidos, desenvolvendo  próteses biónicas  que permiten a persoas amputadas sentido do tactoe liberdade de movemento moi parecidas a das extremidades naturais, e o máis importante, ter conciencia do que están a tocar, o que fai que o rexeitamento das próteses por extrañamento sexa nulo, xa que senten unha sensación de pertenza . Estas próteses pódense utilizar en calquera tipo de clima, posúen unha gran precisión e poden ser adaptadas para calquera paciente, tamén realizan movementos bruscos sen que o brazo se active involuntariamente e non teñen ningún compoñente que faga presión á pel, algo que non era posible coa tecnoloxía das próteses convencionais. Ata o de agora xa existían próteses que respondían ás ordes do cerebro, pero o dono non podía apartar a vista da man se non quería destrozar o que estivera collendo, por exemplo. Este gran avance fíxose posible grazas a unha prótese con integración ósea, que consiste na introdución dun  parafuso de titanio que contén no seu interior unha serie de conectores que transportan ata e dende uns eléctrodos conectados nos nervios e músculos, os cales conectan a prótese  ao  óso dentro deste. O sistema de comunicación entre a prótese e o cerebro é bidireccional, pénsase unha acción e esta convértese en información ata o extremo cercenado dos nervios e músculos en forma de impulsos eléctricos, alí os eléctrodos recollen a información, o sistema descodifícaa e transfórmaa nunha acción da prótese, e así de forma inversa tamén, un movemento dos dedos convértese nun sinal eléctrico que viaxa brazo arriba ata chegar ao cerebro, o cal as transforma en estímulos.

A posibilidade de rexeitamento destes implantes é moi baixa, a mesma que nos implantes dentais. A biocompatibilidade dos materiais que usan é alta, foron utilizados durante anos en diferentes aplicacións en humanos. Os investigadores teñen a esperanza de que este método poida ser utilizado de por vida e implantarse a gran escala nun período de tempo de cinco anos.