A voltas pola Illa de Arousa (III)

Xea
7 Septembro 2013
Xestelas

Unha ruta circular seguindo a costa do sur da Illa de Arousa. Para gozar de paisaxes e dunha rica flora e fauna e elementos etnográficos (muíño de marea, embarcacións tradicionais).

No extremo sur acolle o Espazo Natural “O Carreirón” incluído no LIC Ons-O Grove. Podemos deternos nalgunha das numerosas praias e se coíncide marea baixa, e día laborable, observar os labores de marisqueo.

COMO CHEGAR

Despois de cruzar a ponte aparcamos á esquerda, no Vao. A ruta segue a costa interior da Illa de Arousa ata chegar á punta de Xastelas, xa dentro do espazo protexido, e volve pola parte que mira cara á Ría exterior. Desde a entrada do Carreirón hai que seguir un sendeiro pola beira do mar ata chegar ás proximidades do muíño de marea e desde alí por diferentes pistas achegándonos sempre á costa. Volvemos ao Bao cruzando a estrada e seguíndoa ata que se poida pasar ao outro lado.

Illa de Arousa3