Volcán Nyiragongo
O Nyiragongo, é un dos volcáns máis activos do mundo, con máis de 50 erupcións nos pasados 150 anos.
Forma parte da cordilleira das Montañas Virunga, situadas na parte occidental do Gran Val Do Rift africano, na República Democrática do Congo.
Este volcán é famoso polo lago de lava do seu cráter (o máis grande do mundo), descuberto en 1894 polo explorador alemán Adolf von Gotzen.
En xaneiro de 1977 a lava rompeu as paredes do cráter e desprazouse a 100 km/h ata a poboación de Goma matando a numerosas persoas. O lago de lava volveu a formarse en 1982 e en 2002 a lava volveu a cubrir Goma e outras catorce poboacións da zona.
Achegamos unha presentación con imaxes da exploración realizada en xuño de 2010 por un equipo de científicos e o fotógrafo Olivier Grunewald, que se achegou a menos dun metro de distancia da lava para facer estas impresionantes imaxes.