Volcán Eyjafjallajökull
6 Xaneiro 2016
Na primavera de 2010 un volcán descoñecido para todos situado na remota Islandia tomou un inesperado protagonismo a nivel mundial ao entrar en erupción, que se mantivo activa durante semanas. A atención de todo o hemisferio norte e en especial dos usuarios de liñas aéreas centrouse en este volcán, xa que a emisión de unha nube de cinzas, que se desprazaba alternativamente sobre Europa e Norteamérica provocou a cancelación de centos de voos e o peche do espazo aéreo de numerosos países.
Na seguinte presentación inclúense os aspectos máis interesantes deste volcán e a súa erupción.