Vivir no solo

Un cómic para aprender a importancia do solo para a vida
17 Xuño 2015
vivir no solo

A Delegación Territorial en Galicia da SECS ( Sociedade Española da Ciencia do Solo ) ven de reeditar unha adaptación do comic “Vivir no solo” para conmemorar que 2015 é o Ano Internacional do Solo.

Este traballo foi publicado orixinalmente polo Consello da Cultura Galega e o Concello de Santiago.

O solo é un recurso natural moi importante e lentamente renovable e este traballo  ten un gran interese para contribuír ao seu coñecemento e divulgación.

Comic Vivir no solo