Visitamos o Centro de Astrobioloxía
Os alumnos de 1º BAC A do IES Asorey realizamos unha viaxe de estudos a Madrid organizada polos departamentos de Física e Química e de Bioloxía e Xeoloxía entre os días 10 a 14 do pasado mes de marzo. Durante a nosa estancia visitamos varios centros de investigación e divulgación científica e outros de interese cultural, como o Museo del Prado.
Un de eses lugares foi o Centro de Astrobioloxía (CAB), dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e do Instituto,Nacional de Tecnología Aeroespacial, situado dentro das dependencias da base aérea de Torrejón de Ardoz. Entre outras liñas de traballo, o CAB colabora coa NASA e a Axencia Espacial Europea no desenvolvemento de equipamento orientado a busca de evidencias de vida noutros planetas do Sistema Solar, prioritariamente en Marte.