Visita á fábrica de Coca-cola
O pasado 25 de febreiro visitamos Begano (Bebidas Gasosas do Noroeste), a fábrica de Coca-Cola da Coruña. A visita foi curta, pero vimos moitas cousas interesantes Ao final déronnos algo de beber e ensináronnos os antigos anuncios de Coca Cola.
Coca-Cola é unha bebida gasosa azucrada rexistrada en 1886 nos Estados Unidos de América. A súa sede central está en Atlanta. Nun comenzo vendeuse como remedio miragreiro e levaba na súa composición folla de coca (actualmente eliminada) e noz de cola (responsable do contido en cafeína).
A fórmula gárdase en segredo. Só tres persoas poderían ter acceso á lista dos ingredientes que a forman e ás regras específicas da súa preparación, aínda que os químicos hai xa tempo que analizaran con precisión a fórmula da Coca-Cola.
O seu particular sabor procede da mestura de azucre e de esencias de laranxa, limón e vainilla. A cor escura é polo azucre caramelizado.
Cada fabricante con licenza da marca recibe o concentrado en grosos frascos e limítase a engadirlle auga.