Visita á Casa das Ciencias
4 Febreiro 2014
O luns pola tarde, despois de xantar, visitamos a Casa das Ciencias.
Cando chegamos alí, subimos ó planetario; unha cúpula creada para ver proxeccións. Puxéronnos unha curtometraxe que relacionaba a arte e a astronomia. Tratábase de obras de arte contemporanea na que se podían observar certos personaxes que nos narraban algunhas das características que posuÍan os cadros e relacionábanas coa historia da astronomia.
Ao finalizar a proxeccion pasamos a ver e experimentar unha exposicion sobre a física. Alí atopabamos diferentes obxectos e experiencias, dende unha encubadora con pitiños ata un aparello para facer burbullas xigantes; pasámolo moi ben xogando e aprendendo coa física.