Visita ao Rego da Armenteira
O venres día 9 de maio os alumnos e alumnas de 4º-ESO D do IES Francisco Asorey fixémos outra saída didáctica ó rego Armenteira.
Antes de saír repartímos o material nas diferentes mochilas que tiñamos. Logo saímos do centro ás 9:00 da mañá e chegamos unha hora máis tarde, que camiñata!
Cando chegamos alí valeiramos as mochilas e recheamos a ficha técnica sobre o aspecto da auga do río.
Primeiro collemos as bandexas co auga e metemos unha rede no río para buscar pequenos bichiños. Fixemos isto durante unhas cantas veces e atopamos moita biodiversidade, ata atopamos dous ovos de anfibios.
Logo veu o profesor de física e química (Magín) para facer a analise físico-química da auga.
Por ultimo fixemos un pequeño percorrido para visualizar as árbores autoctonas.
Logo volvemos ao centro, e desta o camiño fixosenos máis curto.