A vida é sono

Como e canto durmen os animais
17 Maio 2014
gato-s

Todos os animales teñen que descansar en algún momento, sexa pola noite ou polo día, para recuperar as forzas, pero non todo pasan por un estado de sono como o entendemos as persoas.

En primeiro lugar convén distinguir entre durmir e outros estados como a hibernación, o letargo ou o descanso. O sono é un estado natural e recurrente que se caracteriza pola ausencia ou redución da conciencia e por unha diminución nos niveis de actividade fisilóxica e na resposta a estímulos externos. Este estado permite o crecemento e o rexuvenecemento dos sistemas inmune, nervoso e muscular. Ten unha fase caracterizada por movimentos rápidos do ollo acompañados dun aumento da presión sanguínea, a respiración e as pulsacións (REM, do inglés rapid eye movement). O sono está regulado de manera que se se durme pouco, tenderase a durmir máis a próxima vez para recuperar o sono perdido.

Durante anos, o ser humano precupouse de estudar o comportamento dos animais, pero un dos aspectos menos coñecidos, é a súa forma de durmir. Os investigadores están intrigados. Durmen como as persoas?, desconectan o cerebro ou manteñen un hemisferio desperto?.

As conclusións son que, en xeral, os animais precisan durmir, pero poden facelo deitados, de pé, ou en estado de alerta para evitar os depredadores. Crese que moitas especies, e en especial os mamíferos,  teñen unha fase de sono lixeiro (REM) que ocupa arredor dun 20% do tempo  e outra de sono máis profundo que ocupa arredor dun 80%. En total, so se coñecen unhas 50 especies de animais que durmen de forma semellante a nos. O sono varía nas distintas especies en intensidade e calidade e cambia nas distintas fases da vida.

O término medio que precisamos as persoas é de 8 horas, no resto dos animais o tempo é moi variable, unha xirafa pode apañarse con menos de unha hora e un koala durme máis de 22 horas.

Insectos: a estrutura do seu sistema nervoso non permite un sono verdadeiro con nada que se asemelle a unha fase REM. O que teñen son estado de repouso, con cambios no movemento e na resposta sensorial.

Peixes: existe un estado de repouso semellante ao sono, aínda que non pechan os ollos (agás os tiburóns) por non ter pálpebras.

Anfibios: algunhas especies non durmen e outras pasan por un estado semellante ao sono pero sen fase REM.

Réptiles: os estudos non acadan conclusións xeralizadas. Nalgúns casos, como as tartarugas existe un estado de repouso semellante á fase REM con diminución da resposta sensorial.

gorila-s

Aves: algunhas especies teñen sono con fase REM e outras non. Hai especies que durmen mentras voan usando un só hemisferio cerebral.

Mamíferos terrestres: moitas especies pasan por un estado de sono semellante ao noso, con fase REM (monos, gatos, cans, ratos…). Os herbívoros en estado salvaxe durmen poucas horas e algúns en estado de alerta.

Mamíferos marinos: cando están en terra (focas, otarios, morsas…) durmen como o resto dos mamíferos, Na auga crese que son capaces de durmir coa metade do cerebro e sen deixar de nadar. Os cetáceos poden quedar aboiando na auga cos ollos pechados. As crías permanecen activas ata seis semanas despois de nacer.