A viaxe do Cachalote
Hai uns días que voluntarios da CEMMA (organización da que forma parte a SGHN e o CES; tamén presentes no traballo) foron os encargados de desmontar o esqueleto de cachalote que se encontraba no Centro de Interpretación “As Telleiras” de Vilalonga (concello de Sanxenxo).
Unha viaxe en camión trasladouno ata a que será a súa ubicación definitiva no Museo do mar de Vigo.
A historia deste esqueleto remóntase ao mes de maio do ano 2003, cando o animal morto varou na praia de Montalvo e foi despedazado para, nun futuro, poder utilizar os seus ósos para a divulgación deste atractivo grupo de mamíferos que son tan comúns na costa galega. E iso foi o que ocorreu durante anos no Centro de Interpretación de Vilalonga ata este recente e definitivo traslado a Vigo.
Acompañando a este artigo, podedes ver o vídeo sobre os traballos de desmotaxe do esqueleto, de máis dunha tonelada de peso, e o seu posterior traslado ata Vigo.