A viaxe da Pionner 10

28 Xaneiro 2015
pionner 10

O Pionner 10 é unha sonda espacial estadounidense, que se lanzou o 2 de marzo do 1972, sendo así a primeira sonda que atravesou o cinturón de asteroides e que chegou ata o planeta Xúpiter, que era o obxetivo inicial da misión. En Xuño do 1983, converteuse no primeiro obxecto fabricado polo ser humano, que atravesou a órbita de Neptuno, que naquel tempo se coñecía como o planeta máis lonxano do Sol, dada a excentricidade da órbita de Plutón.

O 3 de decembro de 1973 obtivéronse as mellores imaxes da atmosfera de Xúpiter, permitindo así obter certa información da temperatura da atmosfera e da altura na que se atopan as nubes superiores do planeta. Tamén estudou os cinturóns de radiación do planeta e o seu campo magnético, de intensidade moi superior á que se esperaba.

O último sinal do Pionner 10 foi recibido o 23 de xaneiro de 2003, cando estaba a doce mil millóns de quilómetros da Terra. O intento por contactala o 7 de febreiro de 2003 non foi exitoso. Un último intento foi realizado a mañá do 4 de marzo do 2006, a última vez que a antena estaría correctamente aliñada coa Terra, aínda así, non se recibiu ningunha resposta. Na actualidade a nave diríxese á estrella Aldebarán, na constelación de Tauro, onde chegará dentro de 1.690.000 anos.

A nave é tamén famosa porque levaba unha placa inscrita cunha mensaxe simbólica, deseñada polo científico Carl Sagan. Na placa aparece a imaxe da sonda ca única fin de dar proporción ás dúas figuras humáns debuxadas diante, unha feminina e outra masculina. Á esquerda un feixe de liñas que indican a dirección dos púlsares máis significativos cercanos ao noso sistema solar, e, en cada un, a súa secuencia de pulsos. Na parte inferior represéntase un esquema do sistema solar, cos planetas ordeados segundo a súa distancia ao Sol, e con unha indicación da ruta inicial do Pionner 10. Enriba, á esquerda, móstrase, con indicacións en sistema binario, o spin dunha molécula de hidróxeno, o elemento máis común do universo. 

pionner 10a