Veleno de véspora para combater o cancro
O veleno da véspora contén toxinas (melitina) con propiedades antitumorais. Así o afirma un novo traballo do instituto de investigación en Barcelona. As toxinas son péptidos (proteina pequena); un tipo de moléculas formadas pola unión de varios aminoácidos, que teñen a capacidade de formar poros na membrana plasmática das células, provocando a súa morte.
Para solucionar este problema, os investigadores deseñaron un medio para transportar o péptido ao tumor e acumulalo de maneira específica e controlada, utilizando un polímero portador.
Para averiguar como funciona a melitina, os investigadores levaron a cabo estudos baseados en modelos dixitais. A continuación, inxectaron a súa toxina sintética en nanopartículas. O seguinte paso de investigación é examinar o novo método de tratamento en ratas e porcos. Se esta fase colleita bos resultados, poderase pasar as probas en pacientes humanos.