Veleno como curación

28 Xaneiro 2015
cobra real

A cobra real é un réptil que habita nos bosques do Suroeste asiático. Este é un tipo das serpes velenosas máis extremas, e utilizan o seu veleno como arma química letal para capturar as súas presas e protexerse dos seus inimigos, pois unha mordedura desta cobra pode inxectar 7 mililitros de veleno, que matarían a un elefante.  As súas toxinas  son de tipo neurotóxico, é dicir, que afectan ao sistema nervoso central.

Pero este veleno tamén pode ser tratado convenientemente converténdose nunha potente ferramenta biomédica, pois contén diferentes tipos de proteínas de interese para o sector da saúde, e actualmente, existen varios fármacos no mercado, como o que trata a hipertensión, que se basearon nel.

Por vez primeira, un equipo internacional de científicos do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) tras a secuenciación do xenoma desta especie, descubriron  a posibilidade de que este arma letal de supervivencia serva para tratar e paliar outras enfermidades coma o cancro.

cobra real1

No veleno das serpes, existen determinados compoñentes como a desintegrina, que impiden a formación de vasos sanguíneos, o que axudaría a parar o proceso de metástase. Se a metástase é freada, o tumor deixa de medrar, pero non se pode asegurar  con rotundidade que o logre curar, se non que se pode paliar.

Durante a súa evolución, as serpes velenosas desenvolveron unhas glándulas nas que determinados xenes se transformaron en toxinas que máis tarde formaron o seu veleno. Coñecer o mecanismo mediante o cal unha proteína se transforma nunha toxina podería permitir, nun futuro, reproducilo no laboratorio e modificalo para que en vez de matar, axude a curar.

Pese a este achado, a aplicación definitiva en pacientes de cancro, tardará en chegar bastante tempo, pois require moitos anos de estudo a un alto custe económico