Vapor solar

11 Xaneiro 2013
vapor solar

Na universidade de Texas conseguiron producir vapor a partir de enerxía solar, grazas á nanotecnoloxía, unha tecnoloxía moi prometedora que xa se está introducindo por distintas ramas da ciencia moderna.

Este en concreto fixérono mediante nanopatículas metálicas; as nanopartículas absorben unha gran cantidade de luz solar e á vez producen un gran aumento de temperatura. Cando se mergullan na agua e quedan expostas á luz do Sol, as partículas quéntanse con tanta rapidez que vaporizan a auga case instantaneamente, xerándose así o vapor.

Normalmente coa enerxía solar quentábase a auga a unha escala macro mentras que con esta quentase a unha nanoescala.

As aplicacións de este invento son útiles para a construción de purificadores de auga de baixo custo para desinfectar augas residuais, tamén é útil para esterilizar residuos de todo tipo e instrumentos cirúrxicos á vez que podería servir para cociñar e para purificar a auga a nivel doméstico.

Este é un sistema mais eficaz que todo o coñecido ata agora, a eficacia enerxética é do 24% mentras que mediante os paneis solares convencionais so é do 15%.

As responsables do invento, as investigadoras Naomi Halas e Oara Neumann, prevén que os primeiros usos da nova tecnoloxía serán para a purificación da auga nos países en vías de desenvolvemento. Unha das aplicación que deseñaron foi unha autoclave que funciona con vapor solar e que pode esterilizar instrumental médico en clínicas onde non hai enerxía eléctrica.Creen que se poderá aumentar a súa eficiencia a medida que se perfeccione a tecnoloxía xa que se podería producir vapor de forma económica sen grandes instalacións industriais.

Naomi Halas é química, física, enxeñeira electrónica e de computación e enxeñeira biomédica. Dirixe o Laboratorio de Nanofotónica (LANP) adscrito á Universidade Rice en Houston, especializado en desenvolver e estudiar partículas activables coa luz. Unha das súas creacións recientes son as nanocascas de ouro que se están sometendo a probas para aplicalas a tratamentos contra o cancro.