A vaca Maruxiña

Un conto de Fuensanta Bugallo
4 Xaneiro 2011
Fuensanta Bugallo

Achegamos un conto feito pola nosa compañeira Fuensanta Buceta Bugallo cando estaba en 6º de Primaria e reproducimos a entrevista que lle fixo Cristina Barreiro na data da súa publicación, en 2007.

Estamos aquí con Fuensanta, que, con tan só 11 anos, publicou o seu primeiro libro. Ímoslle facer unha preguntas.

Cal foi a editorial que che axudou a facer iste libro?

Aínda que nunca oíra falar dela, foi a editorial Candea.

-Como se che ocurríu a historia?

O noso profesor do ano pasado mandounos facer uns contos para os nenos pequenos e, como á miña amiga Zoe lle apaixoaban as vacas, inspireime nela.

-En que contribuíu o teu profesor Mon?

El fixo os debuxos e mellorou o texto.

-De onde sacaches os persoaxes secundarios?

Pregunteille á miña prima cales eran os seus animais preferidos.

-Por que lle puxeches o nome de Maruxiña?

Porque me pareceu un nome moi aldeán.

-Recibiches algún diñeiro?

Non, porque a editorial publicou o libro como agasallo de Nadal.

Moitas grazas a Fuensanta pola súa contribución.