Unir tecidos humáns con pegamento

24 Xaneiro 2014
tecidos-pegamento

Actualmente os médicos  unen os tecidos mediante puntos. Pero non estamos tan lonxe de poder atopar dentro dun quirófano un ‘superglue’ que substitúa o fío e a agulla. Un equipo de científicos da Universidade Pierre e Marie Currie en Francia, propoñen unha especie de superglue feito con nanopartículas (óxido de silicio en po con auga) capaces de pegar en 30 segundos un tecido humano.

Este pegamento só se probou de forma experimental en animais. E os problemas que aparecen foron que ó introducir no organismo os materias do adhesivo poden producirse inflamacións importantes, xa que as veces se reabsorbe mal e a ferida tarda máis en cicatrizar. Para evitar estas complicacións os científicos están na procura do material perfecto que se adapte sen ningún problema o organismo e que a recuperación deste se acelere.

Anteriormente xa se tentara levar a cabo esta idea de elaborar un adhesivo biolóxico como o cianocrilato, pero ao non estar feitos con nanopartículas non funcionan nun medio húmido, ademais producía unha calor que mataba o tecido.

Un experimento que fixeron foi estender o composto de nanopartículas, sobre a superficie de dous anacos de fígado de tenreira e presionalos, e en só 30 minutos os anacos estaban fortemente unidos. Dados os resultados, esta sería unha alternativa moi interesante para as intervencións cirúrxicas, sobre todo cardiovasculares, xa que hai que unir tecidos moi pequenos que necesitan moita precisión para que non se danen.

A idea dos científicos é a de poder pegar tecidos como se poden pegar dúas pezas de cerámica.  Este método melloraría o tempo de recuperación dos tecidos, e  por outra banda os diferentes tipos de tecidos que temos no corpo necesitan un tipo de sutura especial para cada un. Pero mediante modificación na  composición das nanopartículas poderíase utilizar para todo tipo de tecidos.