Unha volta polo Canón do Sil

3 Outubro 2014
Sil-Cabezoás

O Canón do Sil é un dos lugares máis interesante de Galicia para visitar. Para gozar coas paisaxes espectaculares, e das numerosas mostras de arte da Ribeira Sacra.

Este espazo está protexido como LIC, nunha área que inclúe a ribeira do Canón do Sil, desde Os Peares ata Chandrexa e Pinol, e o canón do Cabe, desde Canaval ata a unión co Sil.

Antes de se unir ao Miño o río Sil forma un canón en rochas graníticas e xistos de 65 km de lonxitude (desde Os Peares ata a confluencia co Lor en Augasmestas)  que en algunhas zonas acada os 500 m de altura. A formación desde canón tivo a súa orixe a finais do Período Terciario e comezos do Cuaternario cando a chaira erosionada se ergueu verticalmente e obrigou aos ríos a aproveitar as fracturas que racharon o terreo.

É un espazo de gran interese xeolóxico e paisaxístico, polas impresionantes formacións rochosas do canón que se aprecian desde diferentes lugares; e ecolóxico pola mestura de especies atlánticas e mediterráneas.

Ten ademais un grande interese cultural. O nome de “Ribeira Sacra” débese aos numerosos mosteiros e igrexas que hai pola zona.

Unha gran parte da área está aproveitada para o cultivo de viñedos dentro da denominación de orixe “Ribeira Sacra”.

Se queremos gozar ao máximo da nosa visita o ideal é facelo no outono. Tamén se pode completar cunha viaxe en barco. Un conxunto de miradoiros ben sinalizados permiten percorrer os puntos máis interesantes en dous tramos: a ribeira de Lugo, nos concellos de Sober e Monforte de Lemos, e a ribeira ourensá desde Os Peares ata Castro Caldelas.

Canón Sil-mapa miradoiros