Unha forma divertida de estudiar os poliedros
Na clase de matemática deseñamos un proxecto para estudir os poliedros partindo da súa construción e decoración. Despois de deseñalos e construílos decorámolos con formas e cores e fixemos montaxes. Co resultado fixemos esta presentación.
Un poliedro e un corpo xeométrico tridimensional limitado por caras que son polígonos. Reciben o nome de aristas os lados comúns a dúas caras, e vértices, os puntos onde se unen máis de dúas caras.
POLIEDROS REGULARES:
TETRAEDRO: formado por catro triángulos equiláteros.
OCTAEDRO: formada por oito triángulos equiláteros (bipirámide de base cadrada)
CUBO // HEXAEDRO: formado por seis cadrados iguais.
DODECAEDRO: formado por doce pentágonos iguais.
ICOSAEDRO: formado por vinte triángulos equiláteros.
PRISMAS: poliedros formados por dúas caras paralelas ou bases (polígonos iguais) mentres que o resto das súas caras son paralelogramos.
PIRAMIDES: poliedros cun polígono calquera como base. As as súas caras restantes son triángulos que concorren nun vértice.