Unha dor muda
Neste artigo gustaríame contribuír con moitas organizacións, como PETA, para loitar para que se cumpran os dereitos que teñen os animais. Voume centrar na explotación que sofren os coellos angora para que nós teñamos abrigos de pelo de angora, abrigos de pel de coello, xerséis….
O 90% da lá de coellos angora procede de China, onde non existen regulacións nin sancións por maltrato animal de ningún tipo.
PETA examinou as condicións de 10 granxas en distintas rexións de China, atopando condicións semellantes en cada unha delas. A ONG (PETA) acepta que cando se realiza unha produción a escala pequena é posible ter un trato ético aos coellos, que en condicións normais chegan a vivir 10 anos, pero nestas condicións nefastas non superan os 5 anos de vida. Non os superan debido a que cando pasan 5 anos o exemplar se rexeita como produtor e se sacrifica. Antes disto, o coello sen pelaxe introdúcese en gaiolas sen ningún tipo de proteción, o que lle produce laceracións que terminan en moitos casos coa morte por infección ou estrés.
No verán do ano pasado, PETA denunciou a Zara por empregar a pelaxe e a pel que procede de maltratar animais para facer as súas peles. Segundo publica un diario británico, a rexión china de angora está dedicada á explotación de coellos que serve, ademáis de a Zara, a marcas como H&M, GAP e Marks & Spencer, entre outras. PETA e outras organizacións denuncian que nestas granxas a palabra ‘explotación’ é literal. Aseguran que tratan de maneira cruel aos coellos e empregan métodos inhumanos para crialos, conservalos e quitarlles as peles para confecionar roupa. Nalgúns casos, denuncian, os coellos seguen con vida cando lles quitan a pel.
Finalmente, despois dunha recollida de case 300.000 firmas, Zara e GAP anunciaron que prohibían a rexión de angora como porveedor das súas peles. Ademais Zara, no seu comunicado, asegura que deixará de facer pedidos de pel de angora ata que se verifique que ’todas as fincas estean en cumprimento cos requisitos da empresa.’
Moitos prefiren nin ollar, xa que este vídeo grabado clandestinamente por PETA pon os cabelos de punta. Este foi o detonante de que moitas marcas internacionais revocaran as ordes de compra de lá de coello de angora. Neste vídeo móstrase como estes animais son estirados e atados para logo proceder a arrincarlle a súa pelaxe dunha maneira totalmente brutal, sen ningún tipo de sedante, sen atender aos berros de dor do pobre animal.
Recentemente, o pasado 10 de febreiro, lín outra noticia sobre este tema. Esta noticia publicada nun xornal galego (La Voz de Galicia) anunciaba ‘ Inditex renuncia a lá de angora porque os coellos sofren tortura’. Unha noticia onde relataban como PETA consegue unhas imaxes que conmocionaron a moitas empresas que descoñecían este trato cara os coellos (vídeo que se xunta) . Moitas empresas do sector textil súmanse á renuncia a elaborar moda con coellos matratados. Como é o caso desta marca galega (Inditex), Gap, H&M,Tommy Hilfiger ou Calvin Klein.
Penso que hai moitas alternativas ou que, podemos seguir empregando isto pero, sempre respetando os dereitos dos animais.