Unha colonia lunar impresa en 3D

30 Xaneiro 2015
colonia lunar 3d

Hoxe en día, a tecnoloxía avanzaou e avanza a un ritmo frenético, tanto que a Axencia Espacial Europea (ESA) atreveuse a soñar con bases lunares impresas en 3D con rochas do propio satélite, creando un «caparazón protector cunha estructura oca moi similar á dos ósos, lixeira e forte á vez». A idea foi dasenvolvida por unha empresa que se dedica á arquitectura sostible en lugares con climas extremos, chamada Foster+Partners.

De momento, a impresión 3D só chegou ao espazo da man da compañía Made In Space, que se aliou coa NASA para ensaiar a produción de obxectos en órbita. A investigación para a utilidade desta tecnoloxía nas misións espaciais chega incluso ata a produción de alimentos, pero polo de agora é un proxecto que «aínda está sobre o papel».

colonia lunar 3d-1