Unha batería de azucre para recargar móbiles e tablets

29 Xaneiro 2014
bateria azucre

Prototipo de carga de batería con azucre

Coa multiplicación do uso dos teléfonos móbiles intelixentes, tablets e portátiles en todo o mundo, aumenta tamen de maneira imparable a cantidade de baterías que rematan nos contedores cada ano.

Unha ameaza para o medio ambiente e a saúde humana, pois só unha pequena parte dos seus compoñentes tóxicos se reciclan de maneira axeitada. Polo que, os científicos están intentando desenvolver baterías fabricadas a partir de materiais biodegradables que ofrezan as mesmas aplicacións que as que usamos na actualidad e incluso as melloren.

Un equipo de investigadores presenta esta semana na revista Nature Communications unha destas baterías: está fabricada a partir de azucre, segundo din os científicos que a desenvolveron, é máis duradeira e barata que as baterías normais.

"O azucre é perfecto para almacenar enerxía da natureza. Era lóxico que tentáramos aproveitar esta potencia natural e respetuosa co medio ambiente para fabricar unha batería", sinala Percival Zhang, profesor na Universidade Virxinia Tech e investigador da start-up Cell-Free Bioinnovations e autor principal deste traballo. Tamén ofrece mellores aplicacións que as baterías metálicas que se comercializan na actualidade:  "Debido a súa alta densidade enerxética, dura duas veces máis que as mellores baterías de ión Litio e catro veces máis que as baterías alcalinas. No futuro, poderían durar ata dez veces máis que as mellores baterías de ión Litio", asegura EL MUNDO a través dun correo electrónico.

batería azucre1

Azucre, batería ión litio e batería alcalina

A batería de azucre combina un combustible, a maltodextrina (unha especie de pó branco soluble na auga obtida por hidrólise encimática parcial ; descomposición dunhas substancias orgánicas e inorgánicas complexas noutras máis sinxelas pola acción da auga do almidón; conxunto de monómeros de glucosa (C6H12O6) do millo) co aire para xerar electricidade e auga.

Biodegradable e recargable

almidón

Almidón (forma de pó)

Zhang asegura que a batería é 100% biodegradable e recargable:  "Cando o azucre se acaba, engadimos máis maltodrextina (conxunto de polímeros de glucosa). En resumo, é como reencher un cartucho de impresora con tinta", explica o científico.

"Para o seu uso comercial necesitamos aínda máis tempo porque temos que seguir traballando nela", engade.

O principal reto é extender a vida das encimas varios anos e facer que sexan tan estables coma outras encimas que usamos na nosa vida cotiá, como as proteasas utilizadas en deterxentes ou a glucosa deshidroxenada que se usa para as tiras reactivas que analizan o sangue", explica.

"Cell Free Bioinnovations acaba de recibir un premio de 750.000 dólares (uns 550.000 Euros) da Science Foundation Small Business Innovation research", afirma.

O investigador tamén cree que o seu prezo será máis baixo cas baterías con compoñentes metálicos: "Finalmente chegarán a ser moi baratas porque están fabricadas a partir de encimas, de proteínas, e non conteñen metais. Se somos capaces de producir encimas a prezos moi baixos, polo que custarán moito menos e na fabricación de proteínas, é moito máis barato que os metais", remata.