Tremores en Madrid
Castela-A Mancha a Comunidade de Madrid son as rexións do centro peninsular onde máis se notou o terremoto de magnitude 5,2 na escala de Ritcher rexistrado o pasado luns 23 de febreiro ás 17:16 horas, con epicentro no municipio de Ossa de Montiel, a 87 km de Albacete. Sacudindo dúas veces seguidas o epicentro de España, prolongándose ata medio minuto, este tremor rexistrouse como o máis intenso en España dende 2012, cando se rexistrou un seísmo de 5,6 grados na costa atlántica frente a Lalín (Pontevedra).
En concreto, o sismo asentouse na latitude 39,04, cunha lonxitude de 2,65 e unha profundidade de 10 quilómetros.
O terremoto, «foi amplamente sentido» pola poboación, xa que se sentiu especialmente, con intensidade Mercalli 4, nas localidades de Alcantarilla (Murcia), Aranjuez, Coslada, San Fernando de Henares, Getafe e Ajalvir (Madrid). Ademais, foi calificado este sismo como «excepcional» xa que na zona próxima a Madrid non é «algo habitual».
Compárase este terremoto co de Lorca (Madrid) de 2011, xa que tivo lugar na misma falla do movemento sísmico e este provocara 9 mortos, 324 feridos e numerosos danos materiais. O que máis lle sorprende ós investigadores é que se produciu nunha zona intraplacas, na placa euroasiática, onde apenas hai rexistros previos de terremotos. Inda que tamén se podería haber producido nunha falla de desgarre, afirman. «Pode haber réplicas, pero serían inferiores e posiblemente non as percibamos», engade o presidente do ICOG.
Segundo a Rede Sísmica Española, cada ano prodúcense en torno a uns 2.500 terremotos no noso país, aínda que a maioría deles son tan leves que a poboación só detecta unha media de 2 ao mes. Estes tremores son provocados polo choque da placa tectónica euroasiática coa africana. Por iso o maior índice de perigo en territorio español concéntrase no sur e sueste da península, en torno a Granada, o sur de Alicante e as provincias de Almería e Murcia.