Tráxica erupción do volcán Ontake

O segundo volcán de Xapón entra en erupción sorprendendo a un grupo de montañeiros
12 Outubro 2014
Ontake en erupción

O pasado 27 de septembro un grupo de senderismo de camiño ao cume  do monte Ontake, segundo volcán máis grande de Xapón, a uns 100 kilómetros da cidade de Nagoya, cunha altura de 3067 metros, foron afectados pola erupción do volcán.

A consecuencia desta erupción resultaron 56 mortos, decenas de feridos atendidos nos hospitales de Gifu e Nagado, e algunas persoas están aínda desaparecidas. Entre as causas da morte destas 48 persoas están paros cardíacos e feridas moi graves causadas por unha chuvia de rochas que expulsou o volcán xunto as cinzas que cobren o monte Ontake.

Ontake

A súa ultima gran erupción foi no ano 1979, cando expulsou 200.000 toneladas de cinzas, e no 2007 provocou unha serie de terremotos volcánicos.

A Axencia Meteorolóxica controla permanentemente a actividade do monte por si se produce outra erupción que poida afectar a os residentes máis próximos e, en particular, alertar sobre a caída de cinzas volcánicas nun radio de 4 kilómetros arredor do volcán, ainda que polo momento non é necesaria a evacuación das localidades máis cercanas.

Do mesmo xeito, na actualidade son controlados 46 volcanes que se atopan en Xapón, os cales se estima que poderían entrar en erupción nos próximos 100 anos.