Tranxénicos: Competitividade, pero a que prezo?

5 Maio 2013
El Roto, transxénicos

Actualmente a  agricultura da Unión Europea atópase nun gran estado de declive, debido a pouca competitividade que teñen os produtos potenciados polos países que a conforman producindo de tal xeito un cese de actividades humanitarias e nalgúns lugares grandes perdidas económicas que lavan consigo a baixada do nivel de vida. Por este mesmo motivo científicos españois e ingleses propoñen un método para restaurar a agricultura que se basea en principios racionais que proveñen exclusivamente de estudos científicos. Deste último feito , ademais da exportación é do que a UE dependerá para conseguir produtos alimenticios óptimos e a competición no mercado global , a cal é moi difícil, porque existen numerosos países que adoptan técnicas  tecnolóxicas moi avanzadas como pode ser os OXM, alimentos transxénicos, para obter unha agricultura moito máis sostible. Ditas técnicas en Europa son vistas con moi malos ollos.

Transgénicos perjudiciales

Moitos expertos consideran que a visión que ten Europa sobre os transxénicos e a política relacionada con estes, é incoherente e non nos permite o avance no ámbito agrario o cal podería provocar que a UE quedase relegada por detrás do resto do mundo non só en tecnoloxía senón que tamén en economía e actividades humanitarias. Dito isto, destacar que a UE xa promulgou unhas serie de estratexias que pretenden que Europa sexa unha das economías máis competitivas baseadas no coñecemento, pero ditos propósitos non tiveron auxe e mesmo fracasaron por culpa das contradicións que mostra a nosa política tales como  promover prácticas que son rexeitadas, lograr uns intereses políticos a curto prazo en vez garantirnos unha serie de evidencias políticas e modelos económicos a longo prazo.

A pesar de todo isto, existen países como Portugal que teñen como obxectivo fundamental crear unha bioeconomía baseada nos principios antes mencionados e para isto recoñece o potencial que posúen os organismos  xeneticamente modificados, aínda que a política da UE os desprestixiara en certo modo creando un ambiente que fai que dito proceso sexa imposible. A parte do desprestixio difundido pola UE, esta négalle a liberdade de elección aos agricultores con isto quero dicir se lles impide competir  porque as políticas desta discriminan  a todos aqueles que queiran cultivar transxénicos pero estes cultivos son aprobados pola UE para a importación , o cal é unha controversia. A opinión dos investigadores cara este feito é esixirlle a dito goberno  que elimine as malas perspectivas que envolven o que pretende ser o noso futuro cultivo así como a súa importación, tamén esixe que se establezan niveis aceptables de pesticidas e micotoxinas o cal levará a Europa cara unha industria moita máis competitiva caracterizada por un comercio harmonizado.            

Pero estamos seguros de que a nosa agricultura evolucionará grazas a introdución destes cultivos? Como ben sabemos todos, nada é perfecto, por tanto ditos transxénicos teñen tanto as súas vantaxes como inconvenientes, como se mostra na seguinte presentación da cal cada quen extraerá a súa conclusión sobre si estes son ou no favorables para nos xa que non solo hai que analizar o ámbito económico.