Tradicións de Nadal. A árbore

Historia da árbore de Nadal
4 Xaneiro 2012
árbore Nadal-1

A árbore de Nadal, que hoxe forma parte da decoración das rúas das cidades, dos escaparates dos comercios e de moitas casas, é unha tradición de orixen centroeuropea.

Contan que a tradición comezou cos druídas de Europa Central. Estes pobos celebraban, en datas coincidentes co Nadal, o cumpleanos un dos seus deuses (Frey, o deus do Sol) adornando unha árbore perenne que se chamaba “Iggdrasil” (árbore do Universo).

Cando os primeiros cristiáns chegaron ao norte de Europa e descubriron este costume, ao evanxelizalos tomaron a idea da árbore, pero cambiándolle totalmente o significado.

Dise que San Bonifacio, evanxelizador alemán, cortou a árbore dos druídas e no seu lugar plantou un piñeiro que simbolizaba o amor de Deus. Adornouno con mazáns, que representan o pecado orixinal, e con velas, que representan a luz de Cristo no mundo.

Co paso do tempo as mazáns e velas fóronse substituíndo por outros adornos. Xeralmente emprégase un abeto ou picea e decórase con bolas, cintas, luces, regalos, estrelas... Tamén se fan árbores artificiais e de deseños modernos.

árbore Nadal

A tradición de decorar a árbore de Nadal estendeuse desde Alemania e Escandinavia nos séculos XVI e XVII. A Inglaterra chegou en 1829 e a España en 1870.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

árbore Nadal-2