A totora

3 Septembro 2014
totora

A totora Schoenoplectus californicus, é un tipo de xunco que se atopa nas lagoas e zonas pantanosas de América do Sur, desde o nivel do mar ata os 4.000 m de altitude.

Co nome de totora coñécense tamén varios tipos de xuncos, a maioría do xénero Thypha, coñecidos en Galicia como espadanas.

Empréganse en cestería, en construción para facer embarcacións e todo tipo de obxectos de artesanía.

Os Uros do lago Titicaca, no Perú, constrúen vivendas sobre a auga e barcas e balsas para navegar. En moitas localidades do Perú empréganse os “Cabaliños de totora”, embarcacións tradicionais dos pescadores que teñen a súa orixe nas antigas culturas precolombinas.