Torrentas e fervenzas de Mácara

Unha viaxe polo alto Ulla
5 Maio 2013
río Ulla

Un percorrido polo río Ulla nun dos sues tramos máis fermosos, no lugar de Mácara, da parroquia de Ramil (Palas de Rei).

No alto Ulla hai un tramo comprendido entre a confluencia co río Pambre e o balneario de Frádegas onde o río forma un canón en rochas graníticas con moitos rápidos e pequenas fervenzas. A máis grande é a de Mácara, duns4 mde altura.

Completamos a viaxe cunha visita ao castelo de Pambre e ao abandonado bañneario de Frádegas.

COMO CHEGAR:

Na estrada de Santiago a Lugo (N-547),6 kmdespois de pasar Melide cóllese o cruce que vai a Ramil (indica Monterroso) e despois en dirección a Recamonde, Mácara e Pambre. Antes de chegar a Pambre hai unha pequena ponte que salva un regato. Alí déixase o coche e sóbese por un camiño de terra empedrado e, despois de atravesar fincas chégase ao río e camíñase pola súa beira río arriba ata atopar a fervenza.

Tamén se pode ir desde Pidre a Chorexe (seguindo as indicacións da Casa Rural “A parada das Bestas”.

Pódese facer unha ruta máis completa polas torrentes do Ulla seguindo río abaixo desde as ruínas do balneario de Frádegas uns 2 km, ou desde Ramil río arriba.

ulla-Mácara
Ulla Mácara-mapa