Tempo de fungos
O outono e o comezo do inverno é o tempo no que se poden ver fungos por todas partes.
Os fungos viven xeralmente en medios terrestres, en lugares húmidos e ocultos da luz do sol. Moitos pasan case desapercibidos e outros teñen vistosas cores e formas chamativas. Ao acadar a súa madurez soltan as esporas para reproducírense.
En Galicia hai unhas 1.600 especies de fungos con cogomelos (os fungos máis coñecidos), das que 200 son comestibles e 16 tóxicas ou mortais.
Pero curiosamente, a pesar da gran abundacia de fungos nos nosos campos e bosques, moita xente en Galicia é micófoga, tenlle medo, ou “asco” e non queren tocalos nin comelos. Moitos nomes populares fan referencia a esa idea: “pan de sapo”, “pan de culebra”, “reventabois”...
Agora esta tendencia está cambiando, pero hai que sabelos distinguir ben e ser respetuosos coa súa recolección.