Tecnoloxía ao alcance de todo@s

2 Maio 2012
luvas braille

Nestes anos déronse grandes avances nos campos de tecnoloxía móbil e a informática. Os “smartphones” e as “tablets” exclúen a unha parte de poboación discapacitada: cegos e xordos entre outros.

Este suceso non fai máis que acentuar o seu illamento da sociedade con consecuencias adversas na súa capacidade de comunicación.

Nunha universidade de Berlín crearon unhas luvas que lles permiten redactar mensaxes e ler contidos. É o denominado novo Braille. Acuñaron a esta tecnoloxía co nome de “Mobile Lorm Glove”. O seu funcionamento está baseado no alfabeto “Lorm” (empregado en Europa e América), no cal existe a comunicación ao exercer presión en determinados puntos das palmas da man.

A luva ten integrados uns sensores de presión na súa superficie, nos que se transmiten diversos datos a través do “Bluetooh” ata o dispositivo. Tamén para que o receptor reciba as mensaxes están ubicados na parte posterior uns motores de vibración que transforman os sinais cuns patróns de realimentación táctil para poder ser lidos.

Para mellorar aínda máis este sistema se incluíu no mesmo unha aplicación que recrea un tradutor simultáneo. Aínda se queren aumentar as súas posibilidades permitindo a entrada e saída de voz.

A pesares de que este “gadget” axudaría a moitas persoas con estes problemas, aínda non está comercializado.