A tecnoloxía 3D sube ao espazo

28 Outubro 2014
Impresora 3D-espazo

As impresoras 3D chegan ao espazo. Os astronautas comezaran a usar esta impresora en xaneiro. Este novo método de imprimir cousas no espazo nace para gañar tempo, calquera imprevisto no espazo fai perder moito tempo, xa que hai que esperar a que chegue outra nave desde a Terra, por iso é tan útil este novo método que permite imprimir calquera ferramenta ou peza no espazo.

O cargueiro “Dragon”, lanzado hai unas semanas, pola Estación Espacial Internacional (ISS), levaba a bordo a primeira impresora 3D enviada ó espazo, coa que traballaran os astronautas a partir de xaneiro.

Estas impresoras teñen o tamaño dun microondas grande e con elas os astronautas farán prácticas imprimindo obxectos de plástico. Os plásticos do que están feitos os obxectos que fai esta máquina, poden ser moldeados ao alcanzar temperaturas de entre 225º e 250º e poden tardar en facerse entre 20 minutos e dúas horas.

Os obxectos que se fabriquen no espazo serán enviados de volta a Terra para que os científicos da NASA comproben que os materiais son tan resistentes como cando se fan na Terra.

Os científicos tamén están estudando a impresión de alimentos no espazo para que nun futuro, se os astronautas fan un viaxe moi longo como pode ser a Marte, non teñan que ir cargados. Isto é moi interesante xa que proporciona unha dieta máis variada e atractiva para os astronautas.

Ademais do uso de impresoras para fabricar ferramentas, comida e outros obxectos, especúlase a posibilidade de empregar esta tecnoloxía para construír unha base na Lúa nun futuro.