A subida do nivel do mar

3 Decembro 2014
Venecia-enchente

cambio climático , xa forma parte das nosas vidas dende hai anos e moitos non lle dan importancia. Pero agora, unha das consecuencias que pode ser catastrófica está moi preto; a subida do nivel do mar.

Ao longo do século pasado o nivel medio do mar aumentou entre 10 e 20 cm. Actualmente, en moitas zonas, o mar sube 1,2 cm aproximadamente. Para facerse unha idea, se o mar sube 1 cm, a moitos pareceralle pouco pero ese centímetro en realidade é 1 metro menos de praia, causado polo retroceso da area.

O aumento do nivel do mar está vinculado a moitos factores, aínda que hai dous destacables, tamén inducidos polo cambio climático actual:

1.Dilatación Térmica: Cando a auga se quenta, dilátase. Arredor da metade do aumento do nivel do mar que se produciu ao longo do século pasado atribúese ao feito de que os océanos, ao quentarse, ocupan máis espazo.

mapa nivel mar

2-O desxeo dos glaciares e os casquetes polares: As grandes formacións de xeo, como os glaciares e os casquetes polares, derrétense de forma natural no verán. Pero no inverno, as precipitacións en forma neve, compostas na súa maior parte de auga mariña evaporada, bastan normalmente para compensar o desxeo. Sen embargo, as altas e persistentes temperaturas rexistradas recentemente a causa do quentamento global, son as responsables de que a cantidade de xeo que se derrete no verán aumentará e de que as nevadas diminuirán debido a que os invernos se retrasan e as primaveras se adiantan. Este desequilibrio xera un aumento neto significativo da escorrentía  fronte á  evaporación dos océanos, provocando que o nivel do mar se eleve.

Cando o nivel do mar se eleva con rapidez, tal e como nos últimos tempos, incluso un pequeno aumento pode ter consecuencias devastadoras nos hábitats costeiros. A auga do mar penetra en zonas cada vez máis alonxadas da costa, o que pode xerar consecuencias catastróficas como a erosión, as inundacións dos humidais, a contaminación de acuíferos de solo agrícola, e a perda do hábitat de peixes, paxaros e plantas.

Cando as tormentas de gran intensidade tocan terra, un nivel do mar máis elevado provocará temporais de maior tamaño e intensidade que poden destruír todo o que atopan ao seu paso.

Ademais, centos de millóns de persoas viven en  zonas que cada vez serán máis vulnerables ao risco de inundacións. A subida do nivel do mar obrigaríaos a abandonar os seus fogares e a mudarse a outra zona. As illas de pouca altitude quedarían completamente submerxidas.