Subida ao Monte Pindo

6 Abril 2011
Pindo

A subida ao mítico monte Pindo permítenos gozar de espléndidas panorámicas da serra, da enseada de Carnota ou a ría de Corcubión e Fisterra, incribles formacións rochosas e especies vexetais únicas, como o carballo enano (Quercus lusitanica) ou endémicas da zona como a Centaurea corcubionensis.

O macizo tectónico do Pindo ten unha orientación NE-SO e está separado dos montes de Buxantes polo val encaixado do río Xallas. Está constituído por granodiorita de cor vermella na que a erosión deu lugar a bolos, penedos, paredes lisas e pías moi espectaculares. Os puntos máis altos son o Pico da Moa, con627 me Penafiel, con390 m.

Ten un gran interese xeolóxico e botánico. Está declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais, proposto para a Rede Natura 2.000.

Distancia:7 km.

Dificultade: media.

Duración: 3-4 horas

A ruta pódese facer desde a Igrexa do Pindo ata O Fieiro, ou á inversa (se se conta con dous coches ou completando a camiñada pola estrada co que se duplica a lonxitude), ou subir só ata a Moa desde O Pindo ou desde O Fieiro.

Nos fixemos a ruta desde o Fieiro, atarvesando a serra ata saír a carón da igrexa do Pindo onde nos esperaba o autobús. En Ézaso visitamos a central do Xallas e a fervenza. 

Pindo-1