A silveira

14 Decembro 2013
amorias

A silveira ou silva (Rubus ulmifolius) é un arbusto que pertence á familia das rosáceas, moi común en Galicia.

É unha planta invasiva, que medra rapidamente e pode colonizar extensas zonas do bosque ou formar grandes sebes en pouco tempo. Hai moitas variedades e algúnas das que se cultivan teñen os froitos máis grandes e non teñen espiñas.

Os froitos (amorias) son comestibles e teñen moitos usos:

-Para comer e na preparación de sobremesas, marmeladas, xaleas, viños, licores...

-A amoria contén vitaminas A, B e C. Polo seu alto contido de ferro é utilizada para previr e combater a anemia.  Estudos recentes comprobaron que o elevado contido de flavonoides contribúe a previr o cancro e a diminuír o colesterol.

-As follas desecadas úsanse para facer infusións e como substituto do tabaco.

-Son un importante alimento para os paxaros.

-A tona dos talos, utilízase en cestaría e para facer cordas e as ponlas para facer cestos.

-En Galicia a amoria tamén se usou para tinxir a la de cor negra.