Separación de enantiómeros de grafito

2 Maio 2013
enantiómero

A quiralidade é unha propiedade que teñen diferentes substancias que consiste en non ser superpoñibles coa súa imaxe especular, e esta característica está presente tanto a escala macroscópica como a escala microscópica.

Recentes estudios publicados en revistas científicas, conseguiron separar os enantiómeros de diferentes compostos, caracterizados por presentar a propiedade da quiralidade, sobre unha superficie de grafito. Os enantiómeros teñen a mesma forma estrutural pero diferente configuración espacial dos átomos dun composto.

A posibilidade de separar os enantiómeros dun composto supón a posibilidade de desenvolver novos métodos para a purificación de moléculas con aplicacións farmacéuticas, xa que, aínda que a maioría das veces, cada un dos enantiómeros teñen idénticas gran parte das súas propiedades, só un procedente de cada par ten a actividade biolóxica e a utilidade para este fin.

Pois ben, a separación realizada consiste no seguinte proceso. Previamente, a superficie de grafito é recuberta cunha capa procedente dun composto químico cunha molécula. Despois, e debido á especificidade do grafito, que é capaz de recoñecer enantiómeros diferentes, adhire, de forma selectiva só a un, cara á súa superficie.

Finalmente, e coa axuda dun microscópico de efecto túnel que é capaz de tomar imaxes a nivel atómico, estúdianse, de forma experimental, as capas que se formaron sobre a superficie do grafito. Así mesmo, para predicir os efectos que tería esta separación a nivel molecular, realizáronse simulacións computacionais.

Como xa dixemos, este feito é de gran relevancia para as aplicacións na industria farmacéutica e para o estudio, ao mesmo tempo, das moléculas con propiedades quirais.