Semana da Ciencia 2014

AnoInternacional da Agricultura Familiar e Sostible
8 Novembro 2014
semana ciencia-2014

Como en anos anteriores o noso centro súmase a este evento realizando unha serie de actividades conmemorativas na SEMANA DA CIENCIA que se celebrará entre os días 10 e 14 de novembro organizadas polos Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química.    

A Asemblea Xeral da ONU acordou declarar o 2014 como Ano Internacional da Agricultura Familiar, unha iniciativa promovida polo Foro Rural Mundial e respaldada por máis de 360 organizacións civís e campesiñas de todos os continentes.

Esta celebración pretende promover políticas activas a favor do desenvolvemento sostible dos sistemas agrarios basados na unidade familiar campesiña, comunal, indíxena, cooperativa, e pesqueira. Pretende ademais loitar de forma eficaz contra a pobreza e a fame e buscar un medio rural basado no respecto polo medio ambiente e a biodiversidade. Tamén busca facer que aumente a visibilidade da agricultura familiar e a agricultura a pequena escala e centrar a atención mundial sobre o seu importante papel na loita pola erradicación da fame e da pobreza, a seguridade alimentaria e a nutrición, para mellorar os medios de vida, a xestión dos recursos naturais, a protección do medio ambiente e un desenvolvemento sostible das zonas rurais.

Unha das metas é conseguir que este tipo de agricultura se reposicione como centro de interese das políticas dos países, promovendo medidas de apoio e colaboración aos pequenos produtores (comercialización, acceso a financiación, formación e tecnoloxía, distribución da terra...)

Considérase AGRICULTURA FAMILIAR as actividades relacionadas coa produción agrícola, forestal, pastoril, acuícola... xestionadas  por unha familia e que dependen fundamentalmente da man de obra familiar. Esta é unha das formas de producir alimentos predominante tanto en paises desenvolvidos como sen desenvolver.

Centrándonos en Galicia, este tipo de actividade segue ocupando a un sector importante da poboación, que produce alimentos de moi alta calidade e que nos últimos tempos atopou moitas dificultades para facer rendible o seu traballo, o que levou ao abandono do rural e de moitas explotacións.

 

ACTIVIDADES:

expo agricultura

OBRADOIROS:

Aproveitamentos vexetais

Manuel Domínguez (Ventos-Estudos Ambientais)

12 e 13 de novembro. (Alumnado 1º E 2º ESO)

CHARCAS CON VIDA, en colaboración con ADEGA

Construción da charca do patio do IES Asorey. (alumnado 3º ESO)

CONFERENCIA:

A conservación do medio natural, tarefa común. O MEDIO NATURAL RURAL E URBANO

Juan José Casares Long, catedrático de Enxeñaría Química e ex reitor da USC

Anxo Rodríguez López, investigador en formación no departamento de Enxeñaría Química da USC

13 de novembro (4º ESO e 1º Bacharelato)

EXPOSICIÓN

A agricultura. Cultivos en Galicia e no mundo.

Elaborada por profesorado e alumnado do centro. Do 10 ao 21 de novembro.