Seimeira de Vilagocende

4 Maio 2011
Vilagocende1

A seimeira de Vilagocende atópase entre os lugares de Fito e Vilagoncende, na parroquia de San Martiño de Suarna (A Fonsagrada).

O río Villarbol, Afluente do Lamas que vai ao Suarna (Navia) ten unha caída de máis de 50 m nun val de lousas con paredes de cuarcitas que resisten a erosión e forman cristas que sobresaen na paisaxe formando un profundo val. Máis abaixo hai varios saltos máis pequenos. A zona está acondicionada cunha senda e pontes de madeira.

COMO CHEGAR: desde o centro da Fonsagrada cóllese unha estrada que vai a Vilagocende a 6,5 km hai un cruce nunha curva no que se toma unha pista de terra que despois de 1 km remata nas proximidades da fervenza. Antes do cruce vese a fervenza á dereita desde a estrada.

 

 

 

 

Vilagocende