Como se formou a Lúa?

16 Xuño 2014
Impacto orixe da Lúa

Existen numerosas posibilidades sobre a formación da Lúa:

Hipótesis de fisión: supón que a Terra e a Lúa formaban un só corpo e que parte da masa foi expulsada debido á inestabilidade ratatoria que o noso planeta experimentaba naquel momento.

Hipótesis de captura: supón que a Lúa era un astro planetesimal independente e formado nun momento distinto ao noso planeta. A órbita da Lúa sería modificada por efectos gravitacionales dos planetas xigantes, viaxando asó durante moito tempo polo espazo ata aproximarse ao noso planeta e ser capturada pola gravitación terrestre.

Hipótesis de acreción binaria: supón a formación da Terra e da Lúa ao mesmo tempo, a partir do mesmo material e situados na mesma zona do Sistema Solar.

Hipótesis de precipitación: según esta hipótesis  a enerxía liberada durante a formación da Terra quentou parte do material, formando unha atmosfera quente e densa formada por vapores de metal e óxidos que se foron extendendo  ao redor do planeta, e ao arrefriar precipitáronse os grans de polvo que se condensaron e deron lugar ao noso satélite.

Hipótesis de impacto: esta hipótesis, coñecida como A Teoría do Gran Impacto é a máis aceptada polos científicos na actualidade para explicar a orixe do noso satélite.

Un estudo apoia a teoría de que o noso satélite orixinouse a partir dos escombros producidos entre o choque da Terra con outro planeta.

Teoría do impacto

 

Según esta hipótesis, fai uns 4500 millóns de anos, a Terra colisionou contra un obxecto celeste, probablemente un planeta de menor tamaño; TheiaA partir dos escombros producidos por este brutal choque, deu lugar ao noso satélite. Aínda que esta hipótese é a máis apoiada, ata agora non tiñan probas para demostralo.

O PLANETA THEIA

Theia é o protoplaneta que según este teoría formouse nun dos puntos de Langrage da Terra ( puntos nos cales a forza gravitatoria da Terra e do Sol están igualadas). Theia era demasiado grande para permanecer nun destes puntos, polo que perdeu a inestabilidade e puido colisionar coa Terra. Isto foi fai uns 4500 millóns de anos e tras a destrución deste protoplaneta, expulsouse ao espacio parte do seu manto e parte do terrestre. Deste material puido ser formada a Lúa.

Os astrofísicos cren que cada planeta do Sistema Solar ten unha composición isotópica distinta. A maioría dos sistemas científicos estiman que a Lúa está composta nun 70-90% por material procedente de Theia e tan só de 10-30% dos escombros terrestres.

Se o noso satélite se formou a partir de material procedente de dous corpos planetarios, tendría que ter unha composición diferenciada da Terra. En cambio, os estudos realizados ate o de agora mostraran que a composición era case indéntica. Isto supoñía un gran obstáculo para demostrar que a a Teoría do Gran Impacto é certa.

See video

Un novo estudo de científicos alemáns encontraron por primeira vez diferencias na súa composición, mentres que os astronautas da misión Apolo recolleron rocas da superficie lunar, analizando despois os isótopos de osíxeno que conteñen.

Segundo explican neste estudio, primeiro analizaron mostras lunares que chegaran á Terra en forma de meteoritos, pero estas mostras estaban contaminadas polo contacto co noso planneta, motivo polo cal decidiron extraer mostras directamente da Lúa.