Como se fan: envases de aluminio
Os envases de moitos alimentos e bebidas que consumimos a diario están feitos de aluminio, un metal moi común na natureza pero costoso de elaborar.
Cando se descubríu non se coñecían métodos para separalo das rochas onde se atopaba e chegou a ser considerado máis valioso que o ouro. O aluminio emprégase de xeito industrial desde finais do século XIX.
O proceso ordinario de obtención do metal faise en dúas etapas, a obtención de alúmina (óxido de aluminio) polo proceso Bayer a partir da bauxita, e posterior electrólise do óxido para obter o aluminio. Neste proceso consúmese gran cantidade de enerxía eléctrica polo que é importante reciclalo.
O aluminio pode ser reciclado moitas veces sen que perda calidade
. Produce un importante aforro en materia económica e enerxética. Ademais as minas de bauxita destrúen unha importante parte do terreo, o que se evita coa reciclaxe.
Producir unha lata a partir de aluminio reciclado precisa un 95% menos de enerxía que facela a partir dos minerais.