Como se fai: o iogur

7 Septembro 2013
iogur

O iogur é un alimento derivado do leite, de cor branca, sabor ácido e consistencia semilíquida, obtido da fermentación do leite.

O leite fermenta grazas á acción dunhas bacterias (estreptococos e lactobacilos). Pode elaborarse a partir de calquera tipo de leite, aínda que a gran maioría fanse con leite de vaca.

Definición oficial de iogur (no estado español):

“Produto elaborado a partir de leite coagulado obtido por fermentación láctica mediante a acción de Lactobacillus bulgaricus eStreptococcus thermophilus a partir de leite pasteurizado, leite concentrado pasteurizado, leite total ou parcialmente desnatado pasteurizado, leite concentrado pasteurizado total ou parcialmente desnatado, con ou sen adición de nata pasteurizada, leite en po, enteiro, semidesnatado ou desnatado, soro en po, proteínas de leite ou outros produtos procedentes do fraccionamento do leite. Os microorganismos produtores da fermentación láctica deben ser viables e estar presentes no produto rematado en cantidade mínima de 10.000.000 de colonias por gramo ou mililitro” (RD 179/2003).