Como se fai un clarinete

18 Febreiro 2014
clarinete

O clarinete é un instrumento de vento madeira que se emprega nas orquestas, nas bandas de música e nos grupos de Jazz.

Hai ata doce variantes, algúns pouco empregados. O máis común é o clarinete soprano.

Este instrumento procede dun antigo instrumento francés, o chalumeu. No século XVII Jhoann Christoph descubriu unha forma de producir un son máis agudo, 12 notas por enrima da orixinal.

O material para o corpo dos clarinetes é moi variado: madeira, plásticos, caucho duro e incluso marfil ou febra de carbono.