Como se fai: a cervexa
A cervexa é unha bebida alcohólica non destilada de sabor amargo que se prepara mediante fermentación alcohólica de cebada ou outros cereais (millo, trigo, avea...).
O almidón dos cereais ferméntase en auga con lévedos (basicamente Saccharomyces cerevisiae ou S. carlsbergensis) e aromatízase con lúpulo.
O seu nome deriva do del celtolatín cerevisĭa.
Coñécense moitas variantes cunha ampla gama de matices que varían en función das diferentes formas de elaboración e dos ingredientes. Ten gas disolto (CO2) e forma escuma na parte superior. A gradación alcohólica atópase entre 3% vol e 9% vol. Aínda que hai cervexas que poden acadar os 30 % vol. Tamén se fan cervexas sen alcohol.
A cervexa ten un alto contido en vitaminas, sales minerales, proteínas, febras, micro nutrintes e carbohidratos. Recoméndase o seu consumo moderado.
HISTORIA
Foi elaborada polos antigos pobos elemitas, exipcios e sumerios. As evidencias máis antigas datan do 3500 a.C. no antigo Elam (Irán), aínda que a cervexa tal como se entende na actualidade (con lúpulo) comezouse a elaborar en Europa a partir do século XI. Antes facíase a partir de pan que se amolecía en auga e se facía fermentar. A produción de tipo industrial comezou a finais do século XVIII e gañou importancia no XIX.
En Galicia abreuse a primeira fábrica de cervexa en 1906 (Estrella Galicia).