Samaín e Defuntos
O samaín é unha antiga tradición celta, a festa máis importante do período precristián que marcaba para o comezo dun novo ano.
Nesa data prendíanse lumes sagrados fregando pólas de capudre e teixo e logo con alimentábanse as lareiras de todas as casas. Era unha data de entrar en contacto cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ao 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos.
Era costume baleirar nabos de gran tamaño –mái tarde cabazas- para porlles dentro candeas. En tempos máis antigos eran os cránios dos inimigos os que se iluminaban con candeas.
Varios séculos despois esta tradición, que se mantén aínda en nalgúns sitios de Galicia, ten continuidade nas festas de Halloween (adaptación do samaín á cultura americana, sendo máis semellante a un entroido), que poderían ter sido exportadas aos Estados Unidos de América polos irlandeses no século XIX e comezos do XX.
Ata hai trinta anos por moitas aldeas de Galicia tallábanse cabazas por estas datas, e a día de hoxe cada vez hai mais lugares nos que se está a recuperar esta tradición. No noso centro celébrase un concurso de cabazas e contos de terror organizado polos departamentos de Inglés e Normalización Lingüistica.
OS DEFUNTOS
En Galicia o día dos defuntos e de Tódolos Santos celébranse desde tempos antigos. Arredor destas datas hai moitos costumes e tradicións, algunhas xa perdidas e outras actualizadas dacordo cos costumes relixiosos e sociais, como o de adornar e visitar as tombas dos familiares.
Era costume entre os rapaces e rapazas poñer polos camiños cabazas baleiras con velas dentro imitando caliveras para asustar aos que saían de noite. Tamén era costume ir pedir “o defuntiño” e nas casas dábanlle castañas, espigas, mazáns, cartos, dóces… Nalgúns lugares o que pedía era o sacristán cun peto das ánimas. Antigamente deixábase un oco na mesa ou racións de comida para os defuntos.
Tamén son os días en que o enterradores e coidadores dos cimenterios reciben un donativo dos veciños en produtos ou en cartos. Nalgunhas zonas póñense velas nos petos das ánimas e espigas especiais, formadas por varias que medran xuntas, chamadas “espigas das ánimas”